domingo, 13 de dezembro de 2009

CALENDARIO 2009/2010:

O Fronton de Riazor vai ser a sede principal este ano, no caso de sair a algunha outra pista avisaríase con antelación

Estas son as datas nas que se podería xogar

13/12/2009
17/01/2010
07/02/2010
14/02/2010
28/02/2010
14/03/2010
14/04/2010
25/04/2010
05/05/2010
16/05/2010

Cambiouse o horario de tarde polo de mañá, as 11 teñen que estar os capitáns para poder comezar sobre as 11:30 as carreiras.

Creouse un usuario de facebook. Agregadovos como amigos, podédelo atopar como "billarda lnb noroeste".

Clasificación 1ª Xornada

Comezamos una nova tempada!!

Non foi unha xornada con moita afluencia, pero os que estabamos vivimos unha moi boa mañá

Claro dominio dos Filloas de Sangue que empezan con forza a tempada, 3 varados de dous palanadores.

eiqui tedes os resultados clasificación.

Agardamos que nas próximas xornadas haxa mais palanadores é sobretodo mais franquicias.

Saudos!

P.D. A próxima data será o 17/01/2010

sábado, 12 de dezembro de 2009

Tempada 2009-2010

Boas palanadores e palanadoras!!!

Xa está eiqui unha nova tempada.

Despois dun par de intentos en falso, este domingo 13/12/2009 comenzamos.

Esperamos vervos a todos ás 11 no Frontón de Riazor, non faltedes!!!!